PLATAFORMA CÍVICA de VIGO pro PALESTINA
MANIFESTO CIDADÁ (Novembro, 2024)
PREAMBULO
A Plataforma Cívica de Vigo pro Palestina, constituída polas organización políticas, sindicais e entidades cívicas da nosa cidade, citadas ao final do manifesto1, considera que:
A situación do pobo palestino, que desde 1967 vén sufrindo o asedio dunha potencia ocupante que viola o dereito internacional, co continuo ataque do exército israelí á vida e dereitos fundamentais da poboación civil, dos cooperadores internacionais e dos periodistas, non pode ser xustificada baixo a inasumible escusa do dereito á lexítima defensa, pois non se corresponde coas condicións que para iso esixe o Dereito, particularmente o requisito de necesidade e proporcionalidade. Superados os 43.600 mortos, dos cales o 70% son nenos e mulleres, e preto de103.000 feridos (datos do Ministerio de Sanidade gazatí ata o 10 de novembro de 2024), provocando 2 millóns de desprazados, así o evidencian.
Esta atrocidade incrementouse co aumento da escalada militar na zona por parte do exercito israelí. Aos ataques en Gaza e Cisxordania, súmase a recente invasión do Líbano, país soberano, con mais de 3.200 mortos e 14.400 feridos, e de 1,2 millóns de desprazados internos (datos do Ministerio de Saúde do Líbano ata o 11 de novembro de 2024), así, como as agresións a Siria e a tensión bélica con Irán e Iemen, ameazando a paz na rexión e máis aló.
Esta dramática actualidade non sería posible sen a inacción e a conivencia de moitos gobernos que prefiren manter as súas relacións xeoestratéxicas e comerciais con Israel e, ao mesmo tempo, da inoperancia da comunidade internacional (ONU e UE, entre elas) na resolución da cuestión Palestina, que dá pé á impunidade de Israel. A elección do novo presidente dos USA, que tomará posesión en xaneiro de 2025, ameaza con empeorar, aínda máis, esta tráxica situación.
Así mesmo, no seu informe (marzo, 2024) a relatora especial da ONU para os dereitos humanos nos territorios palestinos ocupados considera que é necesario impoñer sancións a Israel e suspender relacións económicas, diplomáticas, políticas e militares co país a fin de acabar coa ocupación e o que cualifica de xenocidio en Gaza.
Aínda así, ou goberno de España encobre cunha lei franquista as súas exportacións de armas (maioritariamente bombas e mísiles por millóns de euros) ao estado de Israel baixo a protección da Lei de Segredos Oficiais (en vigor desde 1968). Os acordos entre ambos os países (formalizados en 2014) continúan no medio do silencio oficial, xerando serias dúbidas sobre o papel de España no mantemento deste conflito, a pesar do masacre contra civís en Gaza desde outubro de 2023.
De conformidade con estas consideracións, a Plataforma Cívica de Vigo pro Palestina expresa a súa solidariedade co pobo palestino e manifesta que:
MANIFIESTO
Condena explicitamente a violencia contra as persoas polas súas ideas políticas, relixión ou orixe étnica, por razón de sexo ou orientación sexual.
Apoia a xusta causa do pobo palestino pola súa libre determinación, incluíndo o dereito a un Estado Palestino, e o regreso dos refuxiados, tal e como recoñece Nacións Unidas.
Súmase á petición de alto o fogo inmediato, que o goberno de Israel deteña os seus criminais ataques, habilite eficaces corredores humanitarios e poña fin ao xenocidio do pobo palestino.
Únese a esixencia de que Israel cumpra coas Resolucións da ONU e atenda ao ditame da Corte Internacional de Xustiza, polas súas constantes violacións dos dereitos humanos, e cumpra as súas obrigacións conforme á Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio.
Apoia aos países que xa presentaron (Sudáfrica), ou presenten no futuro, demandas ante os tribunais internacionais de xustiza contra o Estado de Israel e os seus representantes por someter a un réxime de apartheid e cometer crimes de guerra e crimes de lesa humanidade sobre a poboación de Gaza e Cisxordania.
Esixe que o goberno de España rompa as súas relacións comerciais e deteña e bloquee de inmediato a venda de armas con Israel.
Solicitamos que se suspenda o Acordo de Asociación UE-Israel (1995) por non se cumpriren as súas cláusulas no que atinxe ao respecto dos Dereitos Humanos.
Denuncia a falta de transparencia dos acordos militares entre España e Israel, un estado cun historial de ocupación e vulneración de dereitos nos Territorios Ocupados.
Rexeita calquera forma de cooperación con entidades e institucións israelís (empresas, universidades...) que practiquen o apartheid, sexan coniventes co xenocidio ou contribúan ás estratexias israelís de expansión, colonización, anexión, espolio de recursos e modificación demográfica do territorio palestino ocupado, por ser estas prácticas contrarias ao Dereito Internacional e ao respecto dos Dereitos Humanos. Ao mesmo tempo, solicita dos poderes públicos que asuman e defendan esta posición.
Defender hoxe ó pobo palestino é defender a paz e a liberdade en todo o mundo!
___________________________________
1 Plataforma Cívica de Vigo pro Palestina: Comisión Cidadá pro Palestina, CC.OO., UGT, Esquerda Unida, Podemos, Movemento Sumar Galicia, Recortes Cero, Alianza Verde, Asociación Cidadá Fernando Hoyos, Amigas da Terra, Parroquia Cristo da Vitoria, Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública, Foro Cívico, Colectivo Cultural Pertenza, Diem25, Un Mundo sen Guerras e sen Violencia, MODEPEN, Foro Socioeducativo Os Ninguéns, Amnistía Internacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario